martes, 24 de enero de 2017

Ciencia e Indagación na aula.

Así se nomea o novo curso no que estou inmersa. Ten moi moi boa pinta e por este espazo que irei retomando vou ir deixando a recollida das tarefas ou retos nos encomendan,

Práctica 1. Facer unha buxaina.

a. Despois de facer varios lanzamentos cos dous tipos de colocación suxerida, deixo aquí os tempos:

Buxaina cos céntimos lonxe: 2, 3, 2.
Buxaina cos céntimos preto do eixo: 3, 4, 4.

b. Polo tanto, vindo estes resultados podremos dicir que co peso máis preto do eixo (neste caso un lápiz), conseguiremos mellores resultados. Mais o peso debe estar ben repartido.

Fotografías das buxainas:

Cos céntimos lonxe do eixe.                                                                        Cos céntimos preto do eixe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario