martes, 24 de enero de 2017

Segunda práctica do novo curso.

A segunda práctica consiste en elaborar unha buxaina que consiga estar máis de 8 segundos xirando, tarefa difícil.

Dicir que eu isto o consigo sempre cun rotulador tipo os de marca carioca, e mais un CD. Pero, cos céntimos pegados na cartulina deste diámetro é tarefa imposible para min,

Necesitamos no meu caso (sei que hai xente que é un maestro nisto), un disco de maior diámetro e non moi lixeiro.

Deste xeito, sí que o consigo case sempre. Se alguén o quere intentar, animádevos, leva uns minutiños e é moi interesante.

Con este tipo de actividades indagatorias, o que realiza a experiencia é o que pode variar a súa acción para conseguir o obxectivo final pero as instrucións principais están dadas.
Resultado de imagen de peonza lapiz y cartulina

No hay comentarios:

Publicar un comentario